jueves, 20 de mayo de 2010

A poboación de España:

A evolución da poboación de España
Desde hai máis dun século, a poboación española non deixou de aumentar. No ano 1900, España tiña 18.000.000 de habitantes, na actualidade ten máis de 46.000.000.

Isto é debido ao aumento da natalidade, ao descenso da mortalidade e a chegada, nos útimos anos, dun gran número de inmigrantes.

A densidade de poboación en España
A densidade de poboación é o dato que nos permite saber se un territorio está moi poboado ou non. Calcúlase dividindo o número de habitantes dese territorio pola súa superficie.

España ten unha densidade de poboación de 91 habitantes por quilómetro cadrado.

A distribución da poboación española
A poboación española está moi desigualmente distribuída . Hai zonas moi poboadas, e outras case despoboadas.

En xeral, as zonas costeiras son as máis poboadas, debido a que teñen un clima máis suave, grazas a influencia do mar; permiten as comunicacións marítimas e ofrecen máis posibilidades de traballo .

No interior, só a Comunidade de Madrid presenta unha alta densidade de pobación, debido entre outros motivos, a que aí se atopa a capital de España.

1 comentario:

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.