Coñecemento do Medio

TEMA 12
A POBOACIÓN ESPAÑOLA

A evolución da poboación de España
Desde hai máis dun século, a poboación española non deixou de aumentar. No ano 1900, España tiña 18.000.000 de habitantes, na actualidade ten máis de 46.000.000.

Isto é debido ao aumento da natalidade, ao descenso da mortalidade e a chegada, nos útimos anos, dun gran número de inmigrantes.

A densidade de poboación en España
A densidade de poboación é o dato que nos permite saber se un territorio está moi poboado ou non. Calcúlase dividindo o número de habitantes dese territorio pola súa superficie.

España ten unha densidade de poboación de 91 habitantes por quilómetro cadrado.

A distribución da poboación española
A poboación española está moi desigualmente distribuída . Hai zonas moi poboadas, e outras case despoboadas.

En xeral, as zonas costeiras son as máis poboadas, debido a que teñen un clima máis suave, grazas a influencia do mar; permiten as comunicacións marítimas e ofrecen máis posibilidades de traballo .

No interior, só a Comunidade de Madrid presenta unha alta densidade de pobación, debido entre outros motivos, a que aí se atopa a capital de España.

A poboación cambia constantemente: Nacen unhas persoas e otras morren, unhas marchan e outras chegan.

Todo isto son a natalidade, a mortalidade, emigración e inmigración.

Natalidade, mortalidade e crecemento natural:

- A natalidade: é o número de persoas que nacen nun lugar.
- A mortalidade: é o número de persoas que morren.
Ambos exprésanse co tanto por mil.

- A diferenza entre as dúas indica o crecemento natural.
- Se a natalidade é superior é positivo e se é inferior a mortalidade é negativo.

Emigración, inmigración e crecemento real:

- A persoas que marchan dun lugar a outro son inmigrantes.


- O crecemento natural= os emigrantes + os inmigrantes.

Crecemento real.


- O crecemento natural é positivo cando nace máis xente da que morre e é negativo cando morre máis xente.

Poboación urbana e poboación rural:

A poboación pode dividirse en dous tipos,dependendo do tamaño das localidades:
- Rural: Con menos de 10.000 habitantes.
- Urbana: Con máis de 10.000 habitantes.

A poboación de Galicia


A evolución da poboación

A poboación galega aumentou de forma rápida na primeira metade do século XX,pero quedou estancada na segunda metade do século.

Nos últimos anos produciuse un lixeiro de natalidade,pero o crecemento natural segue a ser negativo,porque prodúcense máis mortesca nacementos.

Este crecemento positivo débese a primeira chegada de imigrantes.De todos os xeitos e un crecemento baixo ao resto do país.A poboación de Galicia supón un 10% da poboación do noso país en 1900,e supón o 6% en 2008.

A densidade da poboación

Galicia ten de poboación 94 habitantes por quilómetro cuadrado,supón unha cifra superior á media española.

A distribución da poboación

A poboación galega está moi distribuída,e a metade da poboación vive nas zonas costeiras,

especialmente nas cidades de Ferrol,A Coruña,Santiago,Pontevedra e Vigo.

O interior está moi pouco poboado,coa excepción das capitais provinciais de Lugo e Ourense.


Diversidade cultural

Os territorios que forman España recibiron a chegada de moitos pobos diferentes ao longo da historia. Cada un destes pobos trouxo os seus costumes, as súas crenzas e a súa lingua.

España actual é o resultado desa diversidade cultural .Por iso as comunidades españolas presentan:

- Diferentes linguas e dialetos .

- Festas e tradicións propias.

- Vivendas e tipos de arquitectura diferentes.

- Traxes tradicionais distintos.

- Deportes populares propios.

- Gastronomías e rexionais diferentes.

- Costumes rexionais ou mesmo locais.

Diversidade linguística

A lingua oficial de España é o español ou castelá .Pero en algunhas comunidades autónomas temos outras linguas:

- O galego, que se fala en Galicia.

- O catalán, que se fala en Cataluña e Baleares.

- O valenciano, que se fala en Valencia.

- O eusquera, que se fala no País Vasco e en nalgunhas zonas de Navarra.

Actividades para entender a poboación de España
primeiro

Poboación e economía
segundo
Test Poboación de España



Preguntas e respostas sobre a poboación de España



Distribución da poboación de España. Preguntas e respostas
Pon fotos sin limite en slide.com GRATIS!!!

Datos de Poboación. Poboación or provincias. Densidade de poboación
Pon fotos sin limite en slide.com GRATIS!!!



TEMA 11

O CLIMA E OS SEUS FACTORES

O tempo atmosférico , o clima e os seus factores

O tempo atmosférico e o clima non son unha mesma cousa. O tempo atmosférico é o estado da atmosfera dun lugar para períodos moi curtos ( un día ou unha semana). O clima é o estado atmosférico dun lugar ao longo dos anos.

Os distintos climas dependen , sobre todo, de tres factores: A aproximidade dun lugar ao ecuador , a altura dun lugar con respecto ao nivel do mar e a influencia do mar.

  • A aproximidade ao Ecuador
Os raios solares quentan máis canto máis perpendiculares son a Terra.Estes raios inciden de forma perpendicular na zona abranguida entre os dous trópicos, e decir, preto da liña do ecuador.
Dese modo, canto máis preto nos atopemos do ecuador máis perpendiculares serán os raios de sol que chegan ata nós e máis cálido será o clima.

  • A altura sobre o nivel do mar
 A temperatura dun lugar depende da súa altura sobre o nivel do mar. En verán a temperatura descende 1 grao cada 160 metros que aumenta a altitude.Por iso, as zonas montañosas teñen climas máis fríos, e os e das zonas chás próximas con climas máis cálidos.

  • A influencia do mar
Cando chega o verán , a terra quéntase máis rapidamente que o mar. Así, no verán , os ventos que van do mar á terra son frescos . Co inverno , a terra arrefríase máis rápido que o mar . Así , no inverno os ventos que van do mar á terra son cálidos, por iso, as zonas costeiras teñen climas máis suaves que as zonas afastadas do mar ou ca aquelas ás que non chega a súa influencia .

Os climas de España

España é un país cunha gran variedade climática.Isto débese, sobre todo, ao accidentado relevo da península e á gran influencia do mar.Por iso, no noso país pódese atopar os seguintes climas:

• Clima oceánico. Predomina na zona cantábrica (Asturias, Cantabria e País Vasco) é en case toda Galicia. Caracterízase por ter invernos suaves e veráns pouco calurosos e choiva abundante.

• Clima continental. É propio das terras interiores da Península ás que non chega a influencia do mar. Invernos fríos e veráns moi calurosos. Precipitacións escasas.

• Clima mediterráneo. Rexístrase nas zonas próximas ao mar Mediterráneo, na costa atlántica andaluza, nas illas Baleares,en Ceuta e en Melilla. As temperaturas son altas no verán e suaves en inverno. Precipitacións escasas.

• Clima continental con influencia mediterránea. É propio do sur da Meseta e de boa parte do val do río Guadalquivir.

• Clima de montaña. Atópase nas zonas máis altas das montañas. Aparece a menor altitude canto máis ao norte estean as montañas. As precipitaciones son abundantes, en forma de neve no inverno. As temperaturas dependen da altitude, da orientación das montañas y aexposición al sol, pero son moi baixas no invernos e moi suaves no verán.

• Clima subtropical. Limítase soamente as illas Canarias. Temperaturas suaves e precipitacións escasas.

Os climas de Galicia

Características xerais de Galicia:

Galicia ten un clima Oceánico que se caracteriza por temperaturas suaves e precipitacións abundantes.


Clima Oceánico ou de montaña: É o clima propio das serras. Caracterízase por:
Chuvias moi abundantes durante todo o ano.
Temperaturas frías no inverno e suaves no verán.
A vexetación , nas Serras Sudorientais.

Clima Oceánico de interior: É o clima propio das chairas de interior. Caracterízase por:
Chuvias menos abundantes.
Temperaturas frías no inverno e suaves no verán.
A vexatación, carballos, castiñeiros, etc.

Clima oceánico de litoral:
É o clima propio das zonas costeiras, caracterízase por:
Temperaturas suaves, temperaturas suaves, a vexetación orixinarias

Climas de España e características:


Coñece os países de Europa, as súas capitais e características principais


Xogo de preguntas e respostas referente ao clima:


Climas e paisaxes de España


TEMA 10
As augas do noso planeta. A auga salgada e a auga doce

A maior parte da auga do planeta é auga salgada procedente dos océanos e mares.Só unha pequenísima parte do planeta (ao redor de tres de cada 100 litros) é doce e pode ser utilizada polos seres vivos. A maior parte da auga doce atópase en forma de xeo nos polos.As augas doces que si se empregan son as augas superficiais e unha das augas subterráneas .As augas superficiais atópanse principalmente nos ríos e nos lagos.

O ciclo da auga.

As augas do planeta están en continuo movemento.O seu movemento máis importante é o ciclo da auga.Neste ciclo,a auga cambia de estado.

  • O Sol quenta a auga, e a auga superficial evapórase.
  • Este vapor de auga vai ascendendo,condénsase ao po atmosférico.
  • Cando as gotas das nubes se arrearían,caen a terra en forma de chuvia,sarabia ou neve.
  • A chuvia humedece e enche de auga os ríos,os lagos e os mares.

OS RÍOS DE GALICIA

Características xerais
  • Son numerosos porque en Galicia soe haber moitas precipitacións e o seu relevo ondulado facilita a existencia de moitos ríos e regueiros.
  • Teñen lonxitude curta excepto o Miño, porque nacen en montañas próximas a costa.
  • Posúen abundante caudal polas abundantes precipitacións.
  • Teñen réxime regular, porque o seu caudal soe ser o mesmo ao longo do ano, aínda que ten máis en inverno e primavera e menos en verán.


Os ríos da vertente cantábrica
Son os máis curtos, (nacen nas serras orientais e setentrionais). Son: o Navia, o Eo, o Ouro, o Masma, o Landro e o Sor.

Os ríos da vertente atlántica
Son os máis longos, (nacen nas serras centrais e orientais).Son: o Eume, o Mandeo, o Anllóns, o Xallas, o Tambre, o Ulla, o Umia, o Lérez, o Miño, o Limia e o Támega.

Principais ríos de Galicia
Son o Miño, o río máis longo de Galicia, cuns 310 km. Nace na serra de Meira, en Lugo, e desemboca na Guarda, en Pontevedra.
O río Sil, e o máis caudaloso, cuns 225 km. Nace nos Montes de León e desemboca no río Miño, polo tanto no é un río normal se non un afluente.

OS RÍOS DE ESPAÑA

Vertente cantábrica: son moi curtos e bastante caudalosos; ex: Bidasoa, Nervión, Besaya, Nalón, Navia e Eo.

Vertente atlántica: son largos , xa que agás o Miño, todos superan os 650 km e nacen en montañas que se atopan lonxe do mar;ex:Miño, Douro, Texo, Guadiana e Guadalquivir.

Vertente mediterránea: son ríos cunha lonxitude media duns 200km, agás o Ebro que alcanza os 930km; ex: Guadalhorce, Segura, Xúquer, Turia, Ebro, Llobregat e Ter.

As augas dos arquipélagos:nas Baleares cando se producen fortes chuvias, a auga discorre ata o mar polos chamados torrentes.En Canarias a auga discorre ata o mar polos barrancos.


Os problemas da auga

 A auga doce e un ben escaso: nos últimos anos a poboación do mundo triplicouse e as persoas consumimos hoxe mais cantidade de auga.
  • Ademais unha gran parte da auga doce esta contaminada.
  • No campo, os fertilizantes e insecticidas fai que se contaminen os ríos subterráneos.
  • Para descontaminar a auga utilizamos plantas depuradoras.

Obtención da auga. Os seres humanos utilizamos auga doce de formas distintas:
  • Escavacións de pozas na Terra e galerías. As pozas son perforacións verticais, mentres que as galerías son horizontais.
  • Construíndo plantas depuradoras que limpan as augas.
  • Construíndo plantas depuradoras que permiten eliminar as sales da auga.

O ciclo da auga


Océanos e continentes


Os ríos de España


Mapa interactivo


Ríos de España


As tres vertentes



TEMA 9

Resumo do tema feito por Lúa Rodríguez

A representación da Terra:



  • Os mapas
Os mapas proporciónannos información xeográfica por medio de cores, símbolos e textos.


  • A escala dos mapas.
Os mapas teñen escala gráfica e numérica.

O relevo de España (1)


  • Características do relevo de España:
O relevo de España é escarpado e, exceptuando Galicia, as costas adoitan ser rectas e acantiladas.


  • O relevo do interior peninsular:
O relevo interior de España fórmano a Meseta, as montañas que a rodean, as montañas exteriores e as depresións.

O relevo de España (2)


  • O relevo das costas peninsulares:
O relevo exterior de España divídese en cinco tramos: a costa Cantábrica, a Atlántica galega, a Atlántica andaluza, a Mediterránea do sur e a Mediterránea do leste.

O relevo do interior de Galicia.


  • As serras:
As serras orientais e sudorientais son as formas do relevo máis elevadas de Galicia.


  • As superficies aplanadas:
As superficies aplanadas ou lixeiramente onduladas forman o relevo característico de Galicia.

O relevo da costa de Galicia.

A costa galega pode dividirse en cinco tramos ben diferenciados: Mariña de Lugo, golfo Ártabro, Costa da morte e Rías Baixas.

As illas de Galicia.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada forman o Parque Nacional Marítimo das Illas Atlánticas.



Provincias de Galicia:



Comarcas de Galicia




Comunidades autónomas de España


Capitais de provincia


Provincias de España. Puzzle


Costas da península Ibérica


Archipiélagos de España:


Sistemas montañosos europeos:


Zonas climáticas europeas


A MATERIA


QUE É A ENERXÍA


FORMAS DE ENERXÍA


ENERXÍA FOTOVOLTAICA


ENERXÍA EÓLICA


10 comentarios:

  1. Profe faltache algun xogo de coñe.jeje

    ResponderEliminar
  2. Profe os xogos de coñe estan moi ben pero hai un que ten un erro na clase digocho.

    ResponderEliminar
  3. Estos juegos son muy interesantes.

    ResponderEliminar
  4. Profe los vídeos, muy interesantes,pero hay uno que está en portugués.

    ResponderEliminar
  5. Ya probé las actividades.Están muy chulas.

    ResponderEliminar
  6. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  7. Acer las actividades es como estudiar en el libro.

    ResponderEliminar
  8. Profe estas actividades son muy buenas para estudiar.Eso si, también estudié del libro.

    ResponderEliminar
  9. Profe, xa pasei o traballo de coñecemento.

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.