A evolución da poboación de EspañaDesde hai máis dun século, a poboación española non deixou de aumentar. No ano 1900, España tiña 18.000.000 de habitantes, na actualidade ten máis de 46.000.000.
Isto é debido ao aumento da natalidade, ao descenso da mortalidade e a chegada, nos útimos anos, dun gran número de inmigrantes.
A densidade de poboación en España
A densidade de poboación é o dato que nos permite saber se un territorio está moi poboado ou non. Calcúlase dividindo o número de habitantes dese territorio pola súa superficie.
España ten unha densidade de poboación de 91 habitantes por quilómetro cadrado.
A distribución da poboación españolaA poboación española está moi desigualmente distribuída . Hai zonas moi poboadas, e outras case despoboadas.
En xeral, as zonas costeiras son as máis poboadas, debido a que teñen un clima máis suave, grazas a influencia do mar; permiten as comunicacións marítimas e ofrecen máis posibilidades de traballo .
No interior, só a Comunidade de Madrid presenta unha alta densidade de pobación, debido entre outros motivos, a que aí se atopa a capital de España.