viernes, 19 de marzo de 2010

Quero dedicarlle esta historia ao meu profesor por ter tanta paciencia cun elemento coma min e tamén aos tres tristes tigres que aínda seguen comendo trigo nun trigal, e a seu dono que debe estar arruinado.


AS PLANTAS MUTANTES
Nunha mansión de Londres reuniuse a mafia xaponesa da cidade.
- Onde vamos poñer os residuos tóxicos, eu no nos quero no garaxe –dixo o dono-.
- Botarémolo no parque máis grande de Londres
- Ti estás tolo, ou que?
- Non estou tolo, o que eu quero e que se envelenen tódalas plantas e a xente.
- Pero botámolos e marchamos, non?
- Home claro, como nos veña a policía, cagámola.
- Bueno, entón si.
- É un pracer facer negocios contigo.
Cinco de xulio, un día despois de que botaron os residuos, unha pandilla de rapaces ían paseando polo parque –Xoán, Xosé, Uxío e Xulia-, todos con trece anos, agás Uxío que tiña doce.
Estaban dando voltas e toparon unha planta carnívora, erguida sobre as súas raíces, mentres se zampaba un xamón de pata negra.
- Estades vendo o mesmo ca min? –dixo Xosé-
- Non, se che parece, estamos cegos –respostou Uxío-
- Eh, planta, dasnos un cacho do xamón? –dixo Xoan-
- Por riba de que estás coma un rebolo, pídelle xamón á planta –comentou Uxía-. Fixádevos ao noso arredor, non é só esta planta…
Tódalas plantas os estaban mirando e Xoán empezou a dar patadas ao aire mentres gritaba: ¡iaaaaaaaiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiaaaaaaaaaaa!!
As plantas asustáronse cos berros pero tardaron pouco en reaccionar e colleron a Xoán por unha perna e empezáronlle a bater a cabeza contra o chan. Cando o soltaron dixo:
- ¡Ay! Miña cachola, doeme…
Pero as plantas foron retrocedendo coma se lles dera alerxia e empezaron a dirixirse cara á cidade.
- Mirade é curioso, despois de que todas as plantas se meteran no lago, marchan á cidade –dixo Xosé-.
- ¡Xa está!, elas sen auga non viven, e coma se dirixan ao río Támesis, faranse máis xigantes –dixo Xulio.
- E como as paramos? Preguntou Uxío.
- A verdade é que non che sei…
- E se as atacamos con fogo –dixo Xosé-
- Ao lado do río Támesis hai unha gasolinera, esperarémolas alí e se é encesario, empapamos todo o lugar de gasolina e cando veñan, ¡Pamba! –dixo Xoán-
- Si, e como non nos dea tempo de escpar antes de que estoupe… -dixo Xulio-
- Eu teño unha mecha dun petardo deses, ten dez metros de longo –lembrou Uxío-
E desa forma empezaron a dispoñelo todo.
Cando viron que as plantas ían chegando a gasolinera, prenderon a mecha e saíron pitando lo lugar..

¡¡¡CATAPUNBUMBUM!!!



Os rapaces botaron as mans a cabeza reparando no que acababan de facer.

autor: Borja Filgueira

10 comentarios:

  1. Necesito saber que deberes hay para hoy

    ResponderEliminar
  2. David, Hay que estudiar coñecemento do Medio. Tema, 9; para el examen del viernes.

    También había 2 ejercicios de matemáticas, pero no tengo aquí el libro y no recuerdo la página.

    A ver si alguien te responde. No obstante pásate por el foro y pon allí la pregunta, quizá algún compañero te ayude.

    ResponderEliminar
  3. Seguro que suspendo este examen a min daseme fatal a xeografia mais vale que sea facil

    ResponderEliminar
  4. Jejeje, xa estás chorando antes de empezar. Xa che vale, xa.

    Por certo lémbrate das tildes: dáseme, xeografía, máis, fácil.

    Seica non sabes onde está a tecla da tilde no teclado??

    ResponderEliminar
  5. O conto de Borja esta moi ben .

    ResponderEliminar
  6. Profe leiches o conto.

    ResponderEliminar
  7. Jobe David, curraches o conto.

    ResponderEliminar
  8. Profe o 31 e o día internacional de non fumar

    ResponderEliminar
  9. Grazas, David, por coidar da miña saúde, pero creo que hai algo que falla. Abril só leva 30 días.

    A ver si mo alcaras.
    Saú2

    ResponderEliminar

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.